Cosendo 24 horas para rematar os disfraces do Entroido 2016

telas
Cosendo 24 horas para rematar os disfraces do Entroido 2016

O Entroido está máis preto que nunca e ás modistas triplícaselle o traballo nestes días. Os encargos para facer disfraces xa veñen dende setembro, con todo sempre quedan os de última hora sobre todo porque o Nadal e o Entroido van case pegados e á xente non lle deu tempo. telas

Así as cousas, as modistas están acostumadas a ter que traballar 24 horas ó día para rematar os pedidos, como é o caso de Rosi Fernández, que rexenta Cortinas Rosi en Xinzo de Limia,e que conta coa axuda de 5 costureiras.

Este ano os disfraces que máis se piden son da película "Star Wars" e os "Minions" para adultos, para os máis pequenos triunfan os de "La patrulla canina". Un clásico que se mantén son os de animais con telas gordas e polares, pois o Entroido sempre soe vir fresco e como se pasa tanto tempo pola rúa, a xente prefire telas que abrigan. O que se está recuperando nos últimos anos é o traxe de Pantalla máis tradicional, isto é , as modistas cada vez teñen máis encargos de camisa e pantalón de liño.

En canto ás telas, as novidades este ano son as que levan purpurina e as que son de pelo corto. Soen facer os pedidos antes de verán para que lles cheguen con tempo e poder poñelas no escaparate xa no mes de novembro.

Coas modistas sen cita e xa completas, así se prepara Xinzo para vivir o seu Entroido.