Entroido pasado por auga agás o luns e as mañás do domingo e martes

paraguas-floreado
Entroido pasado por auga agás o luns e as mañás do domingo e martes

Repasamos a predición meteorolóxica cos profesionais de 4 gotas

Estes días polas rúas e os locais de Xinzo non se fala doutra cousas que non sexa o tempo. O certo é que unha festa como o Entroido vívese pola rúa con moita intensidade e todo o mundo quere saber como se presenta a fin de semana.

Tomando como referencia a predición dos meteorólogos profesionais de 4 gotas, o panorama sería de moita choiva pero non intensa, co cal días como o luns poderase gozar da troula polas rúas.

Así vémos como o vernes será un día marcado polo bo tempo, o desfile infantil e a festa de noite coas charangas non corre perigo. tempo venres

A cousa cambia para a xornada do sábado, un día marcado por fortes choivas acompañadas de vento frouxo e que non van remitir en todo o día. Así que non quedará máis remedio que sair á rúa con paraugas e facer uso das carpas que pon a organización do Entroido. sabado 1

O domingo pola mañá o mal tempo dá un respiro e a previsión contempla que non vai chover ata a tarde. Con todo serán chuvascos menos intensos que os do sábado e por momentos poderían remitir as precipitacións.tempo domingo

O luns é o día de tregua xa que non se prevé que caiga auga do ceo nin pola mañá nin pola noite. Así as cousas o sol resistirase a saír. tempo luns

O martes pola mañá mantense ese tempo seco pero as precipitacións regresan pola tarde. Será unha xornada complicada en tanto que o desfile tradicional de todos os anos corre perigo de ser un pasarrúas pasado por auga. Con todo as choivas do martes serán de pouca intensidade. temp martes

As temperaturas manteranse nunha media de 10º. Haberá que agardar por Piñata para que regrese o sol. Así as cousas, o tempo pode mudar en cuestión de horas e de non ser así, a organización vai dispor numerosas carpas por toda a vila para asegurar a troula que de seguro non se freará polo mal tempo.