A fariña mesturouse coa choiva no Domingo Fareleiro

fareleiro 2
A fariña mesturouse coa choiva no Domingo Fareleiro

Amenceu o día con moio frío e a choiva chegou a mediodía. Así as cousas,o mal tempo non puido frear o Fareleiro e ás 11h xa se podía escoitar a carroza capitaneada polo veciños Pucho. A fariña comezou a tinguir a Praza Maior de branco. Pola mañá pouco ambiente se respiraba polo pobo.

Pola tarde, multitude de persoas encheron a rúa dos viños e a praza.

Fariña e farelos voaban polo aire da man de cativos e maiores. A maioría da xente optou por chuvasqueiros, outros optaron por manter a elegancia.

fareleiro

A comisión recén estreada, repartiu 500 quilos de fariña. fareleiro 2

A música correu a cargo dun grupo de gaiteiros de Xinzo que decidiron amenizar o Fareleiro.

Coa choiva que caeu a praza quedou convertida case que nunha pista de patinaxe.

Algún que outro mesmo aproveitou a ocasión para patinar sobre o chan. Con todo, o tempo deu un respiro e permitiu que a xente gozase do primeiro domingo do Entroido 2016.

Agora é o turno de descansar e coller forzas para o seguinte domingo de troula, o de Oleiro.