Máis Oleiro que nunca

IMG_1941
Máis Oleiro que nunca

O tempo tamén axudou a que o Oleiro 2016 fose un éxito

Como manda o calendario do entroido de Xinzo, este domingo tocáballe a olas seren as protagonistas do día.
catsChegaron a Praza Maior, a hora que quixeron, como manda a tradición , onde xa uns centos de persoas estábanas esperando na propia praza gozando dos raios do sol.
Comezou o xogo das olas cos tradicionais que rodearon a ola central e o Meco para dunha maneira ordenada voar o ceo da praza.
DISFRACES DOS ANOS 20/30
pageA organización, este ano, solicitaba dos veciños e veciñas así como dos visitantes que trouxeran disfraces ou vestimentas dos anos 30.
Isto fíxose notar tanto a mañá coma pola serán, tanto na praza como polas rúas dos viños.
Tamén nas rúas este ano estaban grupos folclóricos de música tradicional, deixando para outros días as charangas. Isto fixo que a xente gozara de música tradicional e coas vestimentas dos moitos que se achegaron vestidos cos traxes daqueles anos se meterán moito máis en ambiente.
O VIÑO TAMÉN ESTIVO PRESENTE
IMG_1972Como manda a tradición, a organización pon a disposición dos participantes no oleiro encargados para mollar as gorxas dos esforzados.
Desta maneira foi o brinde que o concelleiro de turismo celebrou o seu aniversario, botándolle un grolo no medio da faena.