lunes. 27.03.2023

    Ás 16.30h da tarde tivo lugar unha reunión entre os membros da comisión e os músicos das charangas. Vendo que a choiva non remitía decidiron suspender o desfile. Debido a ese mal tempo pouca xente optara por achegarse ata a zona de saída para participar no pasarrúas. Este foi outro dos motivos que propiciou a suspensión do evento.

Con todo a xente non perdeu os ánimos e coa música das charangas baixo a carpa da Praza Maior, gastáronse as últimas pilas para despedir o Entroido 2016. 

carpa

A intensa choiva tamén afectou as atracións que optaron por pechar.

atracions

 A organización do Entroido está traballando na posibilidade de que o desfile teña lugar no Domingo de Piñata.

Comentarios