O Meco xa está colgado

IMG_1654
O Meco xa está colgado

Fachos, lume,música e veciños con traxes de época forman o atrezo do aforcamento do Meco

IMG_1639Como manda a tradición, o meco quedo aforcado na Praza Maior, despois de ir acompañado pola rúa dos viños, de gaiteiros, veciños e baixo o lume e o fume dos fachos. Non faltou tampouco o touro para chegar a Praza e despois da preparación, quedar aforcado no medio da mesma.

O TAMEIRÓN TAMÉN ESTIVO PRESENTE
IMG_1671Como ven sendo habitual nos últimos anos, participa no proceso do colgamento do Meco outro dos entroidos da provincia. Este ano tocoulle o Folión do Tameirón poñer o son dos tambores e instrumentos varios dende a praza de Oriente ata a Praza Maior.
Máis de tres ducias de tambores de diferentes tamaños así como instrumentos musicais, como por exemplo sachos, ensinaron o moito público que seguiu perante todo o percorrido outra maneira de ver, como se vive o entroido noutros pobos da provincia.