Modesto e Marisa preparan os fachóns para o aforcamento do Meco

modesto
Modesto e Marisa preparan os fachóns para o aforcamento do Meco

Na noite do sábado queimaranse máis de 100 presas de palla

Cando se trata de Entroido a xente de Xinzo vólcase co festexo como Marisa e Modesto que de maneira desinteresada, preparan os fachóns para o sábado antes do Oleiro. Empregan o seu tempo e o seu esforzo tan só pola satisfación de colaborar co Entroido.

Os fachóns elabóranos coa máquina coa que traballan eles facendo coroas de palla no seu lugar de traballo na Rúa do Formigueiro.

Tal e como nos explicou Marisa,introdúcese a palla por un dos laterais e dáselle voltas ata que sae prensada. marisa

Nun primeiro momento as presas de palla saen de metros de lonxitude, logo membros da comisión son os encargados de recortalos. Vanse colocando no carro que percorrerá as rúas do casco vello co Meco en dirección á Praza Maior onde será aforcado.fachón 1

Todo isto será mañá sábado a partir das 19h acompañado por unha comitiva vestida con traxes tradicionais e un grupo de gaiteiros.