As charangas actuarán dende as 17.30 tras suspenderse o desfile

calle dos viños 3 da tarde sabado entroido
As charangas actuarán dende as 17.30 tras suspenderse o desfile

O tradicional desfile do martes de Entroido queda suspendido. O mal tempo non cesa nesta xornada e dende a comisión de festas optaron por aprazalo. Foi a decisión que se tomou nunha xuntanza que mantiveron membros da organización cos músicos das charangas.

O programa cambia nesta tarde do martes e as charangas actuarán dende as 17.30h polas distintas prazas da vila.

Sobre a mesa queda agora fixar unha nova data para a celebración do desfile. A primeira delas é o domingo de Piñata o caso de que o tempo o permita.