As tendas mudan os xoguetes de Nadal polos disfraces de Entroido

susi
As tendas mudan os xoguetes de Nadal polos disfraces de Entroido

Faltan catro días para que comece unha das festas máis importantes de Xinzo

Con moito e traballo e contra o reloxo, así se podería resumir a actividade das tendas nestes días previos a que comece o festexo más importante da vila. Están retirando xoguetes para ocupar os estantes cos complementos e artigos de Entroido e por suposto con disfraces.

Este ano fixeron pedidos especiais para os máis pequenos con traxes de "La patrulla canina" e "Star Wars". Para os adultos resérvanse aqueles máis orixinais. Un clásico son os de tela de abrigo de animais, pois esta festa soe vir acompañada de baixas temperaturas e pásase moito tempo na rúa.

Visitamos a Tenda de Susi en Xinzo onde o 50% do establecemento énchese con máis de mil artigos de Entroido. Xa nas datas de Nadal recibiron os primeiros encargos sobre todo de complementos. Din que a crise non afecta ó volume de vendas pero si ós prezos en canto que se antes o gasto medio por disfraz era duns 30 euros agora baixou ata os 15.

O reloxo da conta atrás sinala que faltan 4 días para que comece o Entroido. reloxo

O venres presentarase a festa de maneira oficial e o sábado terá lugar o Petardazo na Praza Carlos Casares para comezar cun mes de troula polas rúas de Xinzo.