Apurando as últimas horas

Decoración e alumeado da rúa dos viños
Apurando as últimas horas

Pouco a pouco as rúas céntricas do Entroido van estando rematadas

Cando faltan pouco máis de 24 horas para a Noite do Corredoiro, a decoración aérea e a iluminación case están preparadas para acoller mañá a noite a partir das 21:30 as primeiras actuacións das charangas deste 2023 tanto na praza Maior, epicentro do Entroido como as rúas aledañas onde discorrera a festa grande de Xinzo.

NOITE DE CEAS DE MOZAS

20230210_200003
Teito da carpa da praza

Mañá a noite é a noite que as mozas de Xinzo escolleron xa fai anos para celebrar as ceas, todas ataviadas cos seus mellores disfraces, ceas nas que de seguro se cola algún home.

Despois das ceas as charangas estarán esperándoas a todas e todos aqueles que queiran comezar a disfrazarse, acompañados das charangas Alambique e Los Támega, que animarán a noite ata pasadas as dúas da mañá.

20230210_200053
Efecto da decoración e as luces da rúa S.Roque