Arranca o dispositivo de seguridade especial da noite do sábado de Entroido

Constitución do centro de mando coordinador da seguridade na noite do sábado de Entroido
Arranca o dispositivo de seguridade especial da noite do sábado de Entroido

Coordinase dende o camión de AXEGA

Nestes momentos constitúese o centro de seguimento , dentro do plan de seguridade que se fai para o Entroido, no que participan as forzas de seguridade do Estado (Policía Local e Garda Civil), Protección Civil e Emerxencias médicas. A constitución acudiu Elvira Lama, como máxima responsable do operativo, acompañada polo concelleiro de Cultura.

Ramiro (Concelleiro de Cultura) ante a pantalla do "gran hermano"

Na constitución o responsable da Unidade Jose A. Argibay, técnico de operacións, baixo o que está todo o control que se leva dende a unidade móbil do AXEGA.

Argibay explicoulle aos responsables do concello como está montado o operativo que dende as 21:00 está funcionando, e como se logra o control de todos os puntos “sensibles” do Entroido de Xinzo.

Así se ve a plaza dende o posto de mando (sen zoom)