O desfile de Entroido será o martes pola maña

Desfile Infantil 2020478
O desfile de Entroido será o martes pola maña

Volve tamén o desfile infantil o venres 17

Na presentación levada a cabo esta mañá no concello por parte da comisión e a alcaldesa e concelleiro de Cultura, medio pasou desapercibida unha das novidades que atoparemos neste Entroido 23. O desfile, salta do domingo de Piñata, día no que se celebrou varios dos últimos anos, este ano celebrarase o Martes de Entroido, pero en horario de mañá, a partir das 12:30.

Adriana Jiménez (Pta. da comisión do Entroido)
Adriana Jiménez (Pta. da comisión do Entroido)

Segundo manifestou Adriana (Pta. Da comisión) a decisión baseouse en que moitos grupos dos que todos os anos queren participar o domingo de Piñata, xa non están completos, pois a xente pide vacacións para os días grandes. A partir diso, entendemos que facéndoo pola maña, os participantes poden comer tranquilamente e despois despedir a tarde completa de Entroido, e non ter que marcharse correndo. E para os que veñen a visitarnos, moita xente quedará a comer en Xinzo e seguirá pola tarde, non como ocorre que cando remata o desfile, todo o mundo se vai.

4.000 € en premios para o desfile

Tamén este ano haberá premios para o desfile, en total repartiranse catro mil euros con tres premios por categorías.