viernes. 03.02.2023

O Entroido de Xinzo en Fitur

Elvira Lama promocionou o Entroido de Xinzo de Limia en Fitur: “É o mellor do mundo”

Elvira Lama en Fitur
Elvira Lama en Fitur

É o carnaval máis longo de España e conta coa declaración de interese turístico internacional, polo que o Entroido de Xinzo gozou dun gran protagonismo en Fitur. A alcaldesa, Elvira Lama, acompañada de dúas pantallas, recordou que xa só quedan 8 días para dar o pistoletazo de saída a 12 días de festexos e puxo en valor as orixes da celebración e o sentimento coa que a viven todos os veciños e veciñas: “Mantemos a tradición e a transmitimos de pais a nenos. Serán 5 fines de semana de festa aos que os invitamos para que disfrutedes con nós, con todos os limiaos e limiás que cremos que é o mellor do mundo”. Este ano o Entroido de Xinzo de Limia volverá a ser o de toda a vida despois de anos de restricións pola pandemia.