18 de enero de 2023, 21:17
Este sábado comeza un dos preparativos para un dos días grandes do Entroido en Xinzo, a tarde noite do colgamento do Meco, para a que fan falla os Fachóns.
Na tarde do sábado nos baixos do MUGAE (Museo Galego do Entroido) onde ten a súa sede a Asociación A Pantalla, comezarase e rematarase a confección dos fachóns que arderán esa noite.
A Pantalla ofrece unha merendola, moita música e moita palla a todos aqueles que queiran participar.
ACTIVIDADE PARA NENOS
Unha vez rematada a feitura dos fachóns haberá unha actividade para cativos na que se lles ensinara a “bailar a pantalla”. É imprescindible que todos o que queiran asistir a esta actividade leven o cinto da pantalla.