A parella máis admirada do Entroido de Xinzo, xa o son de “dereito”

Foto posterior a celebración
A parella máis admirada do Entroido de Xinzo, xa o son de “dereito”

Hoxe casaron despois de moitos anos polo civil na casa consistorial celebrando a cerimonia a Alcaldesa

A mañá prometía estar animada posto que se ía a celebrar un acontecemento importante, cal foi a voda de Palmira e Xacobe a cal acudiron máis de medio cento de invitados algúns deles vidos dende o Baixo Miño, todos con indumentaria de época, como non podía ser doutra maneira nunha voda “clásica” aínda que fose oficiada pola primeira autoridade civil do pobo.

Acto de celebración da voda de Palmira e Xacobe
Acto de celebración da voda de Palmira e Xacobe

A eterna parexa de parodias dos días de entroido (onte pudemolos ver vendendo grelos na praza), deixou de selo de feito para selo de dereito dende o mediodía de hoxe. Como toda voda que se prece, os noivos e invitados percorreron en coches clásicos tamén no desfile, para posteriormente celebrar o banquete nun restaurante da vila.

Como en toda voda, non faltou o arroz a saída do local
Como en toda voda, non faltou o arroz á saída do local