Sobresaínte para o cartel do Entroido

Cartel Entroido 23
Sobresaínte para o cartel do Entroido

Solo un 6% dos que contestaron a enquisa opina que non lle gusta

Os ENTROIDEIROS, e os que non o son tanto, todos os anos están a espera da presentación do cartel do Entroido, para deseguido mostrar a súa opinión.

Fai anos que a comisión eliminou o concurso público, posto que as “trifulcas” que se armaban na elección sempre eran moi grandes.

Dende fai uns anos a comisión acordou encargar o deseño do mesmo a profesionais do deseño da vila. Desde que isto acontece os resultados a opinión do público en xeral, soe ser mais unánime.

OCHENTA E SESIS POR CENTO DE OPINIÓNS MOI POSITIVAS

A enquisa que puxemos en marcha ao día seguinte non deixa lugar a dúbidas. O 86% dos que votaron na mesma opinan que o deseño do cartel deste ano 23 é MOI BO. O 9% opina que lle gusta e tan solo o 5% opinou que non é do seu agrado.