7 de febrero de 2020, 23:20
Esta tarde o xurado cualificador do concurso de carteis anunciadores de festas gastronómicas e turísticas de Galicia que teñen stand na feira de Xantar deu a coñecer os premios quedando gañador o cartel da festa do Entroido 2020 de Xinzo.
No concurso participaron máis dunha vintena de carteis de Galicia e norte de Portugal.
O premio seralle entregado nun acto a realizar mañá as 12:30 no recinto feiral de Expourense.