Chegou a internacionalización e con ela as temperaturas de Tenerife e Cádiz

panaoramica con temperatura
Chegou a internacionalización e con ela as temperaturas de Tenerife e Cádiz

25 grados no medio día para gozar do domingo corredoiro

Ninguén da vila, nin dos arredores e de máis aló quixeron perderse o primeiro dos domingos fortes de disfraces do Entroido de Xinzo e o primeiro no que se viron nas rúas centos de Pantallas.

A temperatura de máis de 25 grados que acompañou o día fixo que todos os que saíron, se fixeran os remolos para rematar a tarde por mor de acudir aos colexios mañá a cantidade inxente de menos e nenas que viñeron e saíron en Xinzo.

UNHA VEZ MAIS SAÍU A RÚA O ENXEÑO

IMG_1021IMG_20190224_165638

Unha vez máis no domingo corredoiro deixouse ver nas rúas o enxeño nos disfraces e nos papeis que cada grupo adoptaba na rúa. Pero este ano, dende fai algún volvéronse a ver os personaxes que se disfrazaron de outros veciños do pobo. Dendealimia logrou as exclusivas de contar na mesma instantánea co orixinal e coa “copia”.

Tamén volveron a verse os grupos que se identifican cun feito social paseando polas rúas do casco vello, os cantores de cantigas de cego, neste caso analizando os últimos meses da política municipal, as academias de bailes, os turistas que chegaron a Xinzo por mor do Entroido Internacional e buscaban a “catedral de Sevilla” e como non as costureiras chinas que tan de moda están polas rúas das grandes cidades.

Si non o veche e quérelo saborear en imaxes, preme aquí.