MÁIS DE 500 OLAS E MOITA MÚSICA DE RÚA

_MG_4636
MÁIS DE 500 OLAS E MOITA MÚSICA DE RÚA

Máis de cincocentas olas chegarán a Xinzo este venres, as cales serán gardadas e custodiadas pola asociación A Pantalla, para sacalas a rúa o domingo, tanto pola mañá no Oleiro Infantil, como pola tarde no “Sénior”.

Moitas son as actuacións contratadas nos escenarios postos pola comisión. O venres pola noite tocaralle a Tiruleque e Pelepau. O domingo será o grupo O Fiadeiro.

Ademais haberá grupos de rúa dende a mañá como son Melidaos, Tanto nos Ten e Abobriga.

Tamén se espera que varios grupos de Xinzo e da comarca participen facendo música polas rúas con cantareiras e bailadores.

Si o tempo acompaña, teremos un Oleiro moi bonito e participativo. Manifestan os membros da comisión organizadora