O Meco xa preside o Entroido 2019

ENTROIDO 2019
O Meco xa preside o Entroido 2019

Este ano o Meco volveu a súa faciana de antano

Cunha praza Maior ateigada de xente ataviada con traxes de época e con música tradicional por todos os lugares, o Meco despois de dous intentos , e una vez recibida as bendicións regulamentadas polos dous “cregos” que presidiron a procesión rezando pola súa alma, o Meco quedou colgado no seu lugar, para dende hoxe ata o último día, presidir o Entroido 2019.

Novo percorrido menos abafador

O traxecto escollido, para a procesión, cos fachóns pola organización, fíxose menos abafado que nas outras ocasión apesares de que a xente tanto vestida coas mellores galas dos anos 50 para tal ocasión, como os que se acercaron na rúa e na praza para seguir os acontecementos, superou con amplitude a de outros anos.

Tamén as cámaras de medios de comunicación aumentaron con respecto a outras edicións, cousa que teñen que tomar en conta os organizadores, para lle deixar facer o seu traballo de difusión, cousa que redundará de forma positiva na nosa festa.