Nova decoración das rúas do casco vello para o Entroido

IMG-20190213-WA0004
Nova decoración das rúas do casco vello para o Entroido

Balance positivo do primeiro fin de semana do Entroido

A comisión do Entroido na súa reunión semanal analizou o sucedido no primeiro fin de semana, facendo o balance moi positivo. Moita máis xente no Petardazo e máis xente no fareleiro tanto de mañá como de tarde.

Sobre todo tamén están moi satisfeito pola ausencia de acontecementos negativos.

A Limpeza funcionou segundo o previsto e a mañá seguinte tanto do petardazo como do domingo fareleiro todas as rúas atopábanse nun estado de limpeza óptimo.

Análise do “botellón”

IMG_20190212_191005Unha das preocupación de todos os membros da comisión é a presenza de “botellón” nas rúas. Neste censo eles entenden que houbo bastantes menores con bebidas polas rúas, pero que iso é un feito destes tempos, que nos como comisión somos incapaces de resolver.

SEGUE ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO FESTIVAL DA CANCIÓN E NO DESFILE

A comisión tamén analizou as solicitudes para participar tanto no festival da canción do Entroido, como no desfile do martes.

Con respecto a inscrición do festival, ata este momento solo hai un grupo inscrito. Como xa aparece nas bases, de non anotarse como mínimo 4 grupos, o festival quedaría suspendido.

DESCULPAS POLA MEGAFONÍA

Outra das cuestión que analizaron foron as diferentes queixas pola megafonía da noite do petardazo. Somos conscientes que excepto aos primeiros que estaban na praza Carlos Casares, o son a todos os centos de persoas que abarrotaban a praza e a rúa Curros, non chegou ben o son de todos os que se dirixiron dende o balcón do Concello. Haberá que tomar nota para cambiala o ano que ben.