As olas están xa a bo “recaudo”

IMG_20190215_190024
As olas están xa a bo “recaudo”

Dende a última hora da tarde de onte, as olas que mañá serán utilizadas e rotas no Oleiro infantil a partir das 12 da mañá e as grandes que se racharán a partir das 17 h na praza Maior, foron descargadas por membros da Asc. A Pantalla, organizadores directos da festa hoxe e mañá, acompañados por membros da comisión do Entroido.

IMG_20190215_185920Con moito tino, tiveron que ser trasladadas dende a furgoneta que as trouxo dende Niñodaguia e colocadas ,con xeito, nas dependencias que a “Pantalla” ten no museo do Entroido.

Dende ese lugar, en varios carros serán trasladadas ata praza onde comezará o xogo ata que todas queden esnaquizadas.

IMG_20190215_190047