A outra cara do Entroido

A OUTRA CARA DO ENTROIDO 3
A outra cara do Entroido

Máis de 23 m3 de residuos, se recollerán esta mañá de domingo

Como todos os anos temos por costume facer una reportaxe da outra cara do Entroido que poucos teñen o “pracer” ou o “desgusto” de coñecer.

A OUTRA CARA DO ENTROIDO 2

Dende as seis da mañá una brigada de homes e mulleres do servizo de limpeza do Concello e Deputación, coordinados, comezan un traballo as veces dificultado polos que aínda seguen coa festa e dada as horas que son atópanse un pouco “danados” para facilitar o seu traballo.

A OUTRA CARA DO ENTROIDO 4

Nas instantáneas podemos ver como se atopaban certos sitios xa totalmente dispostos para os primeiros entroideiros como a praza Maior, totalmente limpa e regada, mentres que outros, sendo as oito e media, tempo de descanso para o persoal para tomar un café e repoñer forzas aínda se atopaba como quedou da noite, pero que para cando volva a vila a ter vida carnavaleira, estará totalmente preparada.

A OUTRA CARA 1

Acompañando ao café do persoal de limpeza un tivo que recibir, loxicamente para transcribir comentarios como…”A ver si os da comisión se estiran, porque sempre ten que ser o encargado o que paga todos os días os cafes…” e tamén algún como ..”a esta hora non ven ningún concelleiro, dos do goberno e oposición que tanto lle dan a lingua, que si a limpeza tal ou cal. Cando queiran comprobar como hai que facer este traballo a estes días invitámolos a que o comproben”. E mentres tanto os últimos de “filipinas”, seguen coa festa.

Agora vexan vostedes e xulguen…..