A outra cara do Entroido

cats
A outra cara do Entroido

Como todos os anos dendealimia.com quere mostrar a “outra cara do Entroido” que se vive a partir da saída do sol, cando en primeiro lugar aparecen as brigadas de limpeza do Concello e Deputación que comezan a recoller todo aquilo que fomos deixando ao longo da tarde noite do sábado para o domingo.

Tamén aparecen, como saíndo da “nada” aquelas outras persoas que saen a luz do día, para ca súa primeira comida do día despídense para ir a durmir ata a hora de comezar outra vez a faena.

cats6

Chegan tamén aquelas persoas encargadas de repoñer os desperfectos da longa noite e os taxistas que non dan feito a levar entroideiros aos seus lugares. E todo isto coa atenta mirada das forzas de seguridade que se afanan por axudar a todos aqueles que o precisan, sobre todo onde se atopa a maior cantidade de “entroideiros vespertinos”, a estación de autobuses, lugar arredor da que se atopan os primeiros bares para dar o chocolate e os últimos que aínda non pecharon.

Logo por último chegan os camións coas brigadas para recoller todo o que os sopradores, máquinas e por suposto o que fixeron a pulso coa varredora de man, este ano, por primeira vez, e todo hai que dicilo, coa atenta mirada da primeira autoridade da vila que non deixou recuncho sen visitar e traballadores a quen animar.

Preguntados aos operarios pola cantidade de lixo con respecto a outros anos, din que máis ou menos a mesma, solo que este ano estaba esparexida por moitos máis sitios, co cal o traballo era maior... pero asegurando o capataz da brigada que para as 12 da mañá todo estaría, como si onte non fose día de festa.

cats4cats1cats2cats3cats5