Pistoletazo de saída para o Entroido 2023

Conta atrás para o Entroido
Pistoletazo de saída para o Entroido 2023
O reloxo funcionando e a comisión traballando

Esta semana púxose en funcionamento o reloxo que inexorablemente conta o tempo que falta para que a festa maior de Xinzo de o Petardazo de comezo do 2023.

REUNIÓN DA COMISIÓN

20221014_204640
Adriana, Ramiro, Camilo e Alfonso

Onte a tarde tamén o concelleiro de Cultura Ramiro Rodríguez, convocou a todos os veciños que quixeran formar parte da mesma se reuniran no concello.

Están os mesmos, con algunha incorporación moi significativa. Pasados 15 minutos da hora prevista, coa ausencia de algún membro, que xustificou a súa ausencia, reuníronse os presentes entre os que manifestou que quería pertencer a comisión, e así se fixo do próximo candidato do BNG a alcaldía de Xinzo Camilo Vila.

Máis tarde sumáronse a comisión tres xoves máis, co que parece ser que esta edición terá unha comisión moi renovada, aínda que contando coas persoas que xa son “clásica” na comisión.

IMG-20221014-WA0003
Novos membros da comisión