martes. 21.03.2023

PRESENTACIÓN PROGRAMA DO ENTROIDO 2019

Mañá xoves,  día 31 de xaneiro,  farase a presentación do programa do ENTROIDO 2019

Cartel Entroido 2019
Cartel Entroido 2019

A presentación levarase a cabo no salón de plenos do Concello coa asistencia do alcalde Manuel Cabas e  Concelleiro de Cultura  Carlos Gómez, acompañados por  membros da comisión organizadora.

O  programa que comezará o 09 de febreiro co Petardazo terá novidades con respecto ás edicións dos últimos anos. Ademais do programa xa preparado estase preparando algunha acción publicitaria máis, unha vez que a semana pasada foi declarado Fiesta de Interés Turístico Internacional.