jueves. 02.02.2023

Esta tarde, tanto a empresa encargada de montar as carpas,con novidade este ano, como os membros da comisión do Entroido afanábanse para deixar todo listo no tocante a decoración das rúas e prazas para a celebración deste Entroido 2019.

Tal e como anunciaron na presentación este ano as carpas teñen as lonas translúcidas para que non haxa sensación de abafo dentro das mesmas.

Ademais as rúas foron decoradas e engalanadas con motivos diferentes.

cats2

Todo está preparado para a noite  do corredoiro, onde neste momento e case  imposible ter sitio para cear en ningún dos restaurantes da vila, estando todos collidos polas ceas de mulleres.