jueves. 23.03.2023

Beirarrúas perigosas en Baronzás

    Ser un peón en Baronzás convértese nun deporte de risco vendo o estado no que se atopan as beirrarúas.

baronzas

Neste caso a foto que nos chega correspóndese co tramo dirección Morgade. 

Como se aprecia na imaxe o espazo reservado para o paso de xente está roto o que supón un perigo para as persoas de a pé, sobre todo as de maior idade. 

Así mesmo as herbas e a acumulación de lixo tampouco son un bo complemento para o mal estado no que se atopan as beirarrúas. 

baur

Ante todo isto os veciños e veciñas da zona solicítanlle ás autoridades competentes que tomen cartas no asunto e arranxen os desperfectos.  

Comentarios