O camiño do lixo

basura 1
O camiño do lixo

Un dos camiños da zona do Barrio de Abaixo de Xinzo parece máis unha papeleira que un espazo de tránsito.

O treito atópas na Rúa Serra de Manzaneda e comunica esa parte da vila coa zona coñecida pola veciñanza como "A Condesa".

Varias persoas manifestaron o seu malestar pola suciedade que se acumula no camiño e que mesmo resulta perigosa a situación pola multitude de cristais escachados que hai.

basura 2

A petición xeral é que o Concello intensifique a limpeza da zona que moitos din non ter visto por alí a ningún persoal de limpeza municipal. Un espazo no que se acumula moito lixo sobre todo na fin de semana pola súa proximidade ós establecementos de ocio nocturno.