Casualidade ou causalidade

24
Casualidade ou causalidade

Case un ano levaba o Concello detrás do \“camión\” que derribou a farola da foto. Levaban un ano, e como non deron co mesmo, e a veciña queixábase de non ter iluminación na súa zona, o concello o xoves púxolle unha nova(báculo, luminaria etc) 1.200 € das arcas municipais.

Casualmente ou causalmente a farola durou no sitio a \“friolera\” de 3 días. Este mesmo luns a veciña chamaba ao concello para dicir que outra vez outro \“camión pantasma\” tirara coa farola, e esta vez, o igual que a anterior, ningún viu nada, nin se fixo cargo do seu desperfecto.

Para mais \“inri\” por ese lateral os camións non poden circular. ¡Xulguen vostedes!