FALTA PERSOAL OU FALTA PLANIFICACIÓN ?

68
FALTA PERSOAL OU FALTA PLANIFICACIÓN ?

Dúas escenas que non teñen nada que ver, pero que coinciden no desenvolvemento final.

A primeira pertence a unha pista (estrada) do noso concello, moi transitada, pero que como se pode apreciar a día 24 de xullo segue sen desbrozar.

Temos noticias que o noso concello ten 3 máquinas para eses traballos, pero moitas, non quixeramos dicir a maioría,están sen facerlle eses traballos \“obrigatorios\” nestes días.

A segunda das escenas repetiuse nos distintos concertos e espectáculos que se levaron a cabo na praza Carlos Casares a semana das festas. Non cabe dúbida que calquera pode colaborar, e a ninguén se lle can os aneis por colocar cadeiras para un espectáculo.

Pero o que si temos u deberíamos ter en conta que tanto o concelleiro de cultura, ó responsable da organización e os propios actores, non teñen que facer eses traballos, sobre todo nun concello que \“presume\” de ser o que máis traballadores ten da provincia, con moito, excepto o da capital.

Pois está claro que nestas dúas facetas, non queda claro , para que temos tantos traballadores, e a explicación que nos queda é que a coordinación e a programación fallan….