Foto denuncia....estradas divididas por liñas imaxinarias

estradas mal
Foto denuncia....estradas divididas por liñas imaxinarias

Os usuarios da estrada de Cualedro que pasa polos pobos de Rebordechá, Paredes, Moreiras, Faramontaos e Casás están fartos. Hai tres meses comezaron as obras do vial da man da Deputación de Ourense para mellorar o firme recubrindo con formigón e asfalto. Pero pasaron os días e os meses e as liñas que deberían dividir a estrada en carrís e delimitala, non existen. Agora faise máis pronto de noite e comeza o tempo das choivas e a néboa, a xente que normalmente circula pola vía teme que un día se produzca un accidente. Por todo isto queren denunciar a situación co fin de que pinten as liñas da estrada canto antes e rematen así o traballo.