Patricia F.S
10 de noviembre de 2015, 15:11
Os veciños e veciñas da rúa Marcelo Macías en Xinzo, levan máis de un ano admirados pola inclinación dun dos farois que hai pola zona. Non entenden porque o Concello non toma cartas no asunto e arregla a estrutura que ademáis non alumea.
O farol viuse danado entre outros motivos polos golpes que recibe dos coches que aparcan ó seu carón. Os veciños sinalan que os eu estado supón un perigo e que a maiores esa parte da rúa queda a escuras porque entre uns farois e outros hai bastante distancia.
Por todo isto pídenlle ó Concello que aparque o seu deixamento e que tomen unha solución pois "xa que pagamos impostos polo menos que sirva para algo".