Foto Denuncia: Non haberá outro lugar?

Contedor Estrada de Celanova Xinzo
Foto Denuncia: Non haberá outro lugar?

Nestes días, os contedores de lixo da comarca da Limia por onde discorre a estrada de Celanova apareceron con carteis...

Nestes días, os contedores de lixo da comarca da Limia por onde discorre a estrada de Celanova apareceron con carteis anunciando a inauguración dun local de ocio na propia vila de Celanova.

Quen autorizou a colocación dos citados carteis? É de supoñer que nin autorización teñen para o mester, pero menos para a colocación nos contedores, que agora quedarán así ata que as inclemencias meteorolóxicas o vaian levando o seu estado natural.

Nos tempos das novas tecnoloxías hai outras maneiras menos contaminantes, en todos os sentidos, para facer este tipo de anuncios.

Non dubidamos de que os concellos de Xinzo e Vilar de Santos tomarán as medidas oportunas coa empresa anunciadora.