Foto Denuncia: Toc, toc! Hai alguén na casa?

Perrera 1
Foto Denuncia: Toc, toc! Hai alguén na casa?

Sen parar a meternos co deseño da canceira municipal de Xinzo, que máis que un fogar para cans e gatiños...

Sen parar a meternos co deseño da canceira municipal de Xinzo, que máis que un fogar para cans e gatiños ten aspecto de campo de concentración, unha mole de cor verde no medio de ningures, hei de dicir o motivo que nos leva a publicación desta fotodenuncia transcende do campo da estética …

Alí non hai ninguén, ou polo menos non con regularidade... o certo e que nin sequera se podería dicir que non están, “porque se cadra non traballan a determinadas horas”, xa que nin horario de funcionamento hai na porta… En varias ocasións acudimos ao establecemento, e non nos recibiron máis que os ladridos dos cans alí acollidos.

Aqueles limiaos que queiran facer uso das instalacións, ben para entregar un cadeliño ou ben para adoptalo, non teñen á súa disposición nin un carteliño que lles marque os horarios de apertura … “desinformación” e “deservizo” os peores adxectivos que poden levar unhas instalacións municipais.