lunes. 05.12.2022

Foto denuncia

A quen lle podía, molestar ou ofender este panel informativo?

20221004_195721

A verdade é que un non acerta saber o que pode pasar pola cabeza desta persoa para chegar a un sitio como este e pórse a grafitear desta maneira o contido.

O que non demostra para nada son as capacidades no arte do grafíteo con estas expresións que o único que fan e envorcallar e inutilizar a información, dun dos poucos monumentos que temos en Xinzo.

Se queren dedicarse a este arte teñen varios exemplos na Limia de grafiteiros importantes, que seguro lles ensinan, e seguindo os seus pasos chegar a ser artistas tan importantes a nivel mundial como o ourensán Mon Devane.