Parece que as cuchillas da desbrozadora non estaban ben afiadas...

cats
Parece que as cuchillas da desbrozadora non estaban ben afiadas...

Escrito que nos manda unha veciña para que fagamos pública a súa denuncia

Gustaríame que se fixesen públicas estas imaxes.

Pertencen ao paseo que hai ao longo da Estrada de Lamas, xusto ao pasar o pavillón de deportes e a piscina climatizada e xusto 2 días despois de que pasaran 2 persoas "desbrozando".

cats

E póñoo entre comiñas porque á vista está de que non fixeron o seu traballo. É unha vergoña. Esta zona sempre abandonada.

É un paseo moi concorrido a diario por peóns e está totalmente descoidado!

Os veciños estamos cansos de que non se nos escoite, pedimos un mellor trato e un mellor acondicionamento da zona.

Fai anos que se prometeron farolas ao longo do paseo, púxose o cableado pero nunca chegaron tales farolas. Estamos......