A Rúa S.Roque outra vez a escuras

IMG-20210208-WA0011
A Rúa S.Roque outra vez a escuras

Onte faciámonos eco da protesta dos veciños da rúa polos continuos cortes de luz que acontecen na mesma día si e día tamén.

Fai uns minutos que volveu acontecer. Os veciños, como xa dicían no comentario de onte, saben perfectamente cal é o problema, pero parece ser que os responsábeis non o queren entender, aínda que estea a vista de todo o que queira velo.