Sumidoiro ó baleiro

alcantarilla
Sumidoiro ó baleiro

Na rúa Dous de Maio de Xinzo de limia, en dirección cara o pavillón de deportes, atópase un perigo sen sinalizar, un sumidoiro que non ten cuberta.

O feito é que nesa zona apárcanse vehículos, o que pode causar que calquera estropee unha roda. No caso de que alguén pase en bicicleta, tamén se expón a sufrir un accidente. Non se atopa nunha beirarrúa, pero se unha persoa se despista e camiña por esa treito, corre o risco de meter a perna no burato.

Por iso, os veciños reclaman que se arranxe canto antes o sumidoiro e entre tanto, piden que se sinalice o perigo.