Venta de froita en competencia desleal

IMG_20190128_105915
Venta de froita en competencia desleal

Os fruteiros da vila están que xa non poden mais. Xa fai mais dun ano que presentaron un escrito no concello, interesándose pola legalidade dos vendedores ambulantes que chegada a tempada alta, acampan polos seus… en calquera dos lugares que lles interesa.

Daquela o concello contestoulles que tiñan as súas correspondentes autorizacións administrativas, pero segundo puideron analizar este ano cos técnicos do concello, sempre que non sexa dentro do casco urbano.

Non está moi claro se o casco urbano como tal finaliza na rotonda que vai para a autovía. Sendo así este vendedor, non podería estar aparcadado exercendo a súa actividade dese lado da rotonda.

O que queda claro para os fruteiros e fruteiras da vila é que esta é una actividade de competencia desleal, posto que eles pagan impostos durante todo o ano neste concello e os ambulantes coa súa licenza, non se sabe a quen llos pagan.