Foto do día....comezou a precampaña

IMG-20230501-WA0000
Foto do día....comezou a precampaña

Dende o comezo da ponte, apareceu unha pancarta con vistas a praza Maior coa lenda “Xinzo funciona”... e como podedes todos ver cunha segunda parte na que nos pide a todos que "non o paremos...".

IMG-20230501-WA0001-2

Pois nada, está claro de que se trata dun comezo de campaña cara as municipais, o que non sabemos, é de que partido se trata. A. esperar toca. Aínda que supoñemos que por descartes, tampouco será moi difícil adiviñalo. A non ser que esteamos equivocados e que sexa unha campaña propia do establecemento que se atopa no edificio confirmándonos que lle funciona ben o negocio en Xinzo