lunes. 20.03.2023

Pasadas as 12:00 os veciños do pobo de As Conchas no concello de Lobeira víronse sobresaltados polo ruído dun choque de , en principio dous vehículos, un audi que ía en dirección a Lobios e de repente a condutora perde o control e vaise empotrar noutro vehículo no cal se atopaba outra persoa, pero aparcado.

376

No vehículo que  atravesou a calzada para empotrarse no aparcado viaxaba outro ocupante mais.

Ata o lugar do suceso trasladáronse  dúas ambulancias do 061 , garda civil e bombeiros. Tamén acudiu nos primeiros momentos o helicoptero do 061, aínda que os feridos, parece ser que de pouca gravidade foron trasladados nas ambulancias.

TERCEIRO VEHÍCULO AFECTADO

377

Outro vehículo  aparcado sufriu tamen desperfectos, posto que co golpe unha das  árbores que se atopan na beirarrúa rompeu e as súas gallas caeron no mesmo rompéndolle os cristais dun dos laterais .O susto grande levouno o propietario que estaba a poucos metros do seu vehículo disposto a collelo para marcharse.

Durante varios minutos permaneceu cortada a nacional , aínda que o tráfico puído seguir circulando por un desvío no mesmo tramo que pertence a incorporación a presa do encoro das Conchas.

Comentarios