A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o rexedor municipal asinaron esta tarde un convenio de colaboración

190225 Lobeira
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o rexedor municipal asinaron esta tarde un convenio de colaboración

100.000 € de inversión aportando o concello o 30%

Humanización de rúas en Lobeira

O Concello de Lobeira e a Consellería de Medio Ambiente colaborarán na mellora e humanización de varias rúas nas que se atopan dotacións públicas que prestan servizo a moitos dos cidadáns, como a Casa do Concello, o centro de saúde, o velorio municipal, a Casa da cultura, a Residencia de maiores, o Cuartel da Garda Civil, a porta de acceso ao Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés...

Explicou que se trata dunha zona na que apenas se interviu nos últimos trinta anos, polo que require a execución de traballos que reduzan o colapso e que reordene os espazos existentes, ao tempo que se fai unha mellora da pavimentación e do deseño da circulación viaria e peonil, así como actuacións de mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas, que teñan por finalidade a revitalización do territorio e o reequilibrio territorial.

O importe desta actuación, que actuará nun ámbito de máis de 1.000 m2, supera os 100.000 euros, que será abonado nun 70% polo Goberno galego e nun 30% polo concello.