O DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA EN OURENSE REÚNESE CO ALCALDE DE LOBEIRA

020221 Audiencia alcalde de Lobeira 1
O DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA EN OURENSE REÚNESE CO ALCALDE DE LOBEIRA

O novo representante do Goberno autonómico analizou co rexedor do municipio os temas relacionados coa administración autonómica

alcalde de LobeiraO delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.
Nesta ocasión, reuniuse co alcalde do concello de Lobeira, Antonio Iglesias, co que analizou as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica. O delegado tivo a ocasión de tratar xunto ao seu rexedor, Antonio Iglesias, temas prioritarios para o seu concello en materia ambiental e de patrimonio cultural, entre outros.
Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.