Un home falece debido a unha caída cando traballaba na súa casa de Lobeira

ermille
Un home falece debido a unha caída cando traballaba na súa casa de Lobeira

Os feitos aconteceron na mañá do xoves cando un home caeu o chan mentres relizaba traballos de mellora na súa vivenda. Segundo datos ofrecidos polos efectivos que participaron no operativo, o home caeu dun muro duns tres metros de altura e como consecuencia sufriu un forte golpe na cabeza. O suceso tivo lugar en Ermille, na parroquia de Santa Cruz de Grou.

Un particular foi quen alertou ós servizos de emerxencia minutos antes das 13.30h. O 112 achegouse ata o lugar dos feitos e os servizos sanitarios movilizaron un helicóptero medicalizado, con todo nada se puido facer por salvarlle a vida.

Ata o lugar dos feitos tamén se achegaron efectivos da Garda Civil e dos GES de Lobios.