jueves. 01.12.2022

    O incendio rexistrouse a primeira hora da tarde na aldea de As Conchas, na parroquia de Santa Cruz, no concello de Lobeira. A estas horas xa está apagado pero vivíronse momentos de tensión pola proximidade do lume ás vivendas.

Todo quedou nun susto pois a rápida intervención de catro helicópteros, dúas avionetas e das brigadas evitou unha traxedia maior. A proximidade do embalse de As Conchas tamén axudou na rápida extinción do incendio, os medios aéreos cargados de auga apenas tardaban un minuto de ida e volta.

Con todo o lume queimou monte baixo chegando a rodear dúas casas e mesmo calcinou unha explotación de colmeas. 

 

Comentarios