Patricia F.S
8 de septiembre de 2016, 14:42
O lume volve castigar a zona da Baixa Limia. Ás 13.10h do mércores dábase por controlado un incendio que afectou a 75 hectáreas na parroquia de Fraga, no concello de Lobeira. Na súa extinción participaron 7 axentes, 19 brigadas, 12 motobombas e 3 helicópteros.
Así as cousas, a Consellería de Medio Rural dá conta dun novo lume que deu comezo na misma zona e polo de agora afectou xa a máis de 20 hectáreas.
Con este son tres os incendios que seguen activos na Baixa Limia en Lobeira, Muíños e Entrimo.
A situación máis complicada segue a ser a de A Illa, en Entrimo, onde continúa decretado o nivel 2 de risco pola súa proximidade ás vivendas.