Un mel de Lobeira galardonado en Londres

mel
Un mel de Lobeira galardonado en Londres
O mel Esmelga de Leboreiro, recoñecido co ouro nos "London Honey Awards"

Os "London Honey Awards" son uns premios que xurdiron en 2019 para recoñecer aos meles de mellor calidade internacionalmente. O certame galardonou a Esmelga co ouro. Alberto Vidal, apicultor da empresa, comezou en 2018 con 5 colmenas e rematou a día de hoxe con 250. De feito, non foi ata o 2021 que se converteu nun apicultor profesional.

Este recoñecemento foi un gran paso para Esmelga e anima a Alberto Vidal a seguir traballando no seu produto e na calidade deste. Falando de calidade, a produción deste mel destaca pola técnica, xa que se se van trasladando as colmenas segundo as floracións. Dende O Valoiro ou A Herdadiña (Lobios) ata a serra do Leboreiro (Lobeira).

Como se pode apreciar, este proceso é moi laborioso pero os resultados, como ben indica o ter gañado este premio, obteñen un valor engadido final.

Neste certame, non só se galardonou a Elmelga senón que Aialma de Laza tamén recibiu este recoñecemento en prata e ademais, o bronce na categoría de embalaxe. Nel aparece representada a figura do peliqueiro. Estes dous meles están dentro de Abellas Nais no que destaca Román Cid como referencia clave para obter o mellor produto.