No concello de Lobeira non celebran plenos ordinarios dende abril do 2013

alcalde lobeira
No concello de Lobeira non celebran plenos ordinarios dende abril do 2013

O grupo do BNG, denuncia ó grupo de goberno pola ausencia de plenos en contra do acordo de principio desta lexislatura

Denuncia do Grupo Municipal do BNG no concello de Lobeira pola falla de convocatoria dos plenos, e da comisión especial de contas.

Os Alcaldes e Concelleiros son os axentes protagonistas na actividade municipal e intervén de forma decisiva, ben dende o goberno ou dende a oposición.

No concello de Lobeira está parada a parte fundamental da actividade democrática que se realiza habitualmente en calquera concello, como é a celebración dos plenos.

No pleno de organización e funcionamento de data 8 de xullo 2011, acordouse a periodicidade dos plenos, 1 ao mes. O concello non celebra plenos ordinarios dende o 26 de abril do 2013; dende esa data en adiante tan só celebramos 5 plenos que foron convocados con carácter de extraordinarios.

O grupo de goberno evidencia un menosprezo continuo ao debate político e ao dereito básico como é o control das tarefas do goberno municipal.

Están ninguneando o debate e calquera acción política que axude a mellorar o benestar dos veciños de Lobeira. Denunciamos o incumprimento de acordos plenarios relativos ao establecemento dunha data e hora fixadas para as sesións plenarias. ¿Acaso ten algo que esconder o Grupo de Goberno do PP para negarse ao debate cós partidos da oposición?

Esta labor de pretender amordazar a labor municipal de control e oposición, tamén impide que os grupos políticos da oposición poidan presentar mocións, rogos ou preguntas.

O Grupo Municipal do BNG presentou en meses pasados por rexistro do concello cinco mocións para debate nas sesións plenarias, polo que solicitamos a convocatoria das sesións ordinarias conforme ao acordado no pleno de organización e funcionamento celebrado en xullo 2011 e na modificación posterior acordada en pleno extraordinario do 13-08- 2013.