A Xunta licita obras en dous concellos da Limia e catro da Baixa Limia

lobeira
A Xunta licita obras en dous concellos da Limia e catro da Baixa Limia

En Lobios proxéctanse traballos por importe de ata 240.000 euros polos apenas 4.500 destinados a Xinzo de Limia. Bande, Muiños, Porqueira e Lobeira tamén se verán afectados polas obras.

A Xunta publicou o pasado día 23 de xuño no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras reforzo de firme nos treitos máis danados das estradas OU-161, OU-301, OU-312 e OU-540 coa finalidade de mellorar a seguridade e comodidade dos seus usuarios. Os traballos desenvolveranse en varias comarcas. Na comarca da Limia afectará aos concellos de Xinzo de Limia e Porqueira. Así mesmo, na Baixa Limia, as melloras realizaranse en Muiños, Lobios, Lobeira e Bande. Outro concellos afectados da provincia son Barbadás, A Merca, Celanova e Verea.

Lobios é o que máis inversión recibirá. Xinzo o que menos.

Este proxecto ten por obxecto a rehabilitación do firme en puntos localizados mediante solucións baseadas no fresado e reposición ou extensión de microaglomerados, segundo as necesidade de cada subtreito, mellora da drenaxe e reposición de sinais verticais, elementos de balizamento e sistemas de contención existentes e en mal estado.

As actuacións forman parte do "Plan de reforzos de firme" posto en marcha pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia.

Lobios será o municipio que recibirá máis inversión

O concello no que se prevén as actuacións máis importantes é o de Lobios, no que se proxectan traballos por un importe de case 240.000 euros. Polo que respecta ás obras do treito da estrada que pasa polo concello de Bande o seu investimento acada case os 82.000 euros; os traballos proxectados en Muiños teñen un orzamento de 74.500 euros; canto ás obras previstas en Barbadás custarán case 70.000 euros; ao concello de Porqueira destínase 61.500 euros; ao de Lobeira máis de 52.000; mentres que en Xinzo de Limia o orzamento das obras cífrase en apenas 4.500 euros.

Estas actuacións forman parte do "Plan de reforzos de firme" co que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda mellorará case 700 quilómetros de estradas de titularidade autonómica, cun orzamento total de 20 millóns de euros.